Blogia
galegogz

as terminacións (-ancia, -encia, -eo, -eu, -ao, -au)

Xa vedes as cousas teñen a súa razón de ser. Agora tocavos a vós facer as prácticas.
Unha vez máis eu lanzo o reto. Desta volta cada persoa debe escribir unha frase que conteña polo menos dúas palabras que resultaron das engádegas que se fixeron ás terminacións arriba referidas no último proceso de reforma normativa do galego. O tema: As solas do zapato do profesor de mates.
Quen é a primeira?

2 comentarios

Miro -

Hai unha diferenza notábel coas solas da profe de ciencia, coa súa licenza

martiña -

Foron feitas na Galiza con pau de romeu